Consiste na adquisición dun vehículo para transportar a persoas con discapacidade e/ou con dependencia ou en trámites de acadala, para desprazalos a diferentes recursos: Centro de saúde, centro de servizos socio-comunitarios, centro de día ou calquera outro que se realice a través da delegación de servizos sociais do Concello e que poidan manter as habilidades funcionais para mellorar a autonomía e as capacidades motoras, así como a prevención do deterioro físico e cognitivo.
Os colectivos aos que vai dirixido son persoas con calquera discapacidade ou grao de dependencia ou en trámite de acadala, persoas pensionistas maiores de 60 anos e persoas maiores de 65 anos.

Lugar de ubicación: Mondoñedo
Promotor do proxecto: Concello de Mondoñedo
Orzamento aceptado: 41.140€
Porcentaxe de axuda: 87,33%
Importe da axuda: 35.927,56€