Trátase dun aloxamento especializado no rescate e promoción do turismo de calidade en Galicia, considerando que dende fai moitos anos se está intentando poñer en valor a ruta verde do tren mineiro que unía Ribadeo e a Pontenova.
As instalacións do aloxamento estarán en vagóns de trens en desuso, restaurados e rehabilitados, de construción sostible.
Cada vagón fará referencia a unha das catro paradas do antigo ferrocarril: A Pontenova, San Tirso de Abres, Porto-Vega e Ribadeo.

Lugar de ubicación: Ribadeo
Promotor do proxecto: Ediana Zambrano Quintero
Orzamento aceptado: 367.797,56€
Porcentaxe de axuda: 50%
Importe da axuda: 183.898,78€