Hotel de catro estrelas con un alto nivel de calidade situado en primeira liña de praia na localidade
de Foz. Conta cunha superficie de hotel de 1.959,56m2 e un aparcamento de 906m2.
O hotel inclúe os servizos que se relacionan: aloxamento, composto por 39 habitacións, dobres,
individuais, familiares e unha suite. Todas as habitacións teñen vistas directas ao mar e amplas
terrazas, zona común ao aire libre, ximnasio, spa e solarium e restauración.
O obxectivo do proxecto é a creación dun hotel en Foz, onde actualmente hai un déficit de prazas
de aloxamento, dando a posibilidade aos hóspedes de realizar actividades deportivas, de aventura
ou natureza nun lugar idílico.

Lugar de ubicación: Foz
Promotor do proxecto: Complejo Playa de Foz, S.L
Orzamento aceptado: 1.687.674,80€
Porcentaxe de axuda: 50%
Importe da axuda: 200.000€
Cantidade concedida: 181.159,62€, por limitacións do cadro orzamentario, quedando en lista de
reserva pola cantidade restante:18.840,38€