DATOS

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a Asociación Terras de Miranda, infórmao de que os seus datos identificativos son os seguintes:

A denominación social é:

Asociacion Terras De Miranda
Enderezo: C/ Julia Pardo Montenegro, 13,1°
27740 Mondoñedo (Lugo)
T. 982 507 111
Email: info@terrasdemiranda.org
NIF: G27271402

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web (en adiante, A WEB), do que é titular a Asociación GDR1 Terras de Miranda.

A navegación pola web https://terrasdemiranda.org atribúe a condición de usuario deste e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, non obstante, a Asociación GDR1 Terras de Miranda condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence ao GAC3 Grupo de Acción Costeira Costa da Morte, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá do estritamente necesario para o correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a Asociación GDR1 Terras de Miranda e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a Asociación GDR1 Terras de Miranda ou fronte a terceiros, de calquera danos e prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obriga.

POLÍTICA DE ENLACES Y EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

A Asociación GDR1 Terras de Miranda non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través dos enlaces establecidos no seu website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio dos enlaces.

a Asociación GDR1 Terras de Miranda declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calesquera danos que, aos usuarios do seu website, puidesen derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, a Asociación GDR1 Terras de Miranda non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet poidese sufrir o usuario.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.

Para estes efectos, utilízanse os datos estatísticos elaborados polo provedor de Servizos de Internet. Con esta información analízase a frecuencia de uso da web da mercantil a partir dos datos de conexión, e as seccións máis visitadas. A Asociación GDR1 Terras de Miranda non utiliza cookies para recoller información dos usuarios dende a súa páxina web nin rexistra as súas direccións IP.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á website da Asociación GDR1 Terras de Miranda non será preceptiva a instalación de cookies.

PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmase que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade da Asociación GDR1 Terras de Miranda con domicilio en C/ Julia Pardo Montenegro, 13,1°. 27740 Mondoñedo (Lugo), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que a Asociación GDR1 Terras de Miranda poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a enviarlle información e comunicacións comerciais, divulgativas ou informatias a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos servizos ofrecidos.

Así mesmo, a Asociación GDR1 Terras de Miranda cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a Asociación GDR1 Terras de Miranda, na seguinte dirección C/ Julia Pardo Montenegro, 13,1°. 27740 Mondoñedo (Lugo), ou ben a través do seguinte correo electrónico: info@terrasdemiranda.org, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

A Asociación GDR1 Terras de Miranda adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.