Acceso a plataforma

contratos públicos de Galicia

1º Trimestre

Proximamente…

2º Trimestre

Proximamente…

Procedemento alternativo para a presentación de ofertas desde equipos Mac

Debido á imposibilidade técnica de realizar o procedemento ordinario de presentación de ofertas desde determinados equipos con sistema operativo macOS, habilítase, exclusivamente para estes casos, a posibilidade de presentar a documentación mediante correo electrónico dirixido ao enderezo oficial do GDR Terras de Miranda.

A documentación deberá remitirse dentro do prazo oficial establecido para a presentación de ofertas e mediante dous arquivos PDF independentes:

  1. Un primeiro arquivo que conterá exclusivamente a oferta técnica e documentación marcada no PCAP pola licitación nese arquivo
  2. Un segundo arquivo que conterá a oferta económica e a documentación correspondente aos criterios avaliables de forma automática ou marcada para ese arquivo no PCAP

Ambos arquivos PDF deberán estar protexidos mediante contrasinais diferentes, de maneira que o seu contido non poida ser consultado polo GDR Terras de Miranda ata o momento correspondente á súa apertura.

Os contrasinais non deberán incluírse no correo electrónico de presentación da oferta nin poderán ser facilitados ao GDR Terras de Miranda ata que sexan expresamente solicitados por este mediante correo electrónico.

Unha vez chegado o momento de proceder á apertura da oferta técnica, o GDR Terras de Miranda solicitará por correo electrónico ao licitador o contrasinal correspondente ao primeiro arquivo. Posteriormente, cando proceda conforme ao desenvolvemento do procedemento, o GDR solicitará o contrasinal correspondente ao segundo arquivo, que contén a oferta económica e os criterios avaliables de forma automática.

En ningún caso se permitirá o envío dos contrasinais sen solicitude previa e expresa do GDR Terras de Miranda, nin a súa remisión fóra dos prazos ou momentos establecidos para cada fase do procedemento de licitación.

Este sistema ten por obxecto garantir que a documentación permaneza inaccesible ata o momento correspondente á súa apertura e manter a separación entre a oferta técnica e a oferta económica e os criterios avaliables automaticamente.