O Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é una ruta histórica que cruza todo o norte de España e que conduciu ao longo dos séculos a millóns de peregrinos dende os seus lugares de orixe ata Compostela. 

Esta ruta xacobea ten presenza dentro do ámbito de actuación do GDR-01 Terras de Miranda a través dos municipios de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo. 

Durante o teu traxecto a Santiago por este territorio, poderás descubrir importantes monumentos arquitectónicos, pazos, igrexas e ata unha das cinco catedrais de Galicia. Camiñarás a través dos seus verdes bosques e os seus agrestes acantilados onde sentirás toda a forza da natureza viva de Terras de Miranda. Poderás desfrutar da sabedoría da nosa xente e das súas creacións máis especiais, así coma da súa boa man para a cociña, con elaboracións gastronómicas a base dos mellores ingredientes da nosa terra e do noso mar. 

Presentando dúas vertentes, o Camiño do Norte entra en Galicia polos municipios de Ribadeo e Trabada. Se escolles a vertente de Ribadeo continuarás por Barreiros e Lourenzá ata chegar a Mondoñedo. En Cambio, se elixes ir por Trabada, percorrerás Lourenzá ata alcanzar Mondoñedo. 

Este proxecto enmárcase dentro do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. 

mapa-cartel-andaina

Un dos aspectos que se queren impulsar dende o GDR-01 Terras de Miranda son as experiencias vinculadas ao Camiño do Norte que se poden desfrutar no territorio da Mariña Lucense, nos municipios polos que transcorre o mesmo: Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo. 

Descárgate as experiencias ligadas ao Camiño do Norte en Terras de Miranda.