Guía Turística
Terras de Miranda – Turismo de Lugo, é un espazo cultural, social e económico común integrado por 14 municipios da provincia de Lugo que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural ( GDR) Terras de Miranda.
O seu ámbito de actuación abarca os municipios de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Trátase dun territorio diverso e auténtico localizado na comarca da Mariña Lucense, ao norte da provincia de Lugo, delimitado co mar Cantábrico e a Serra do Xistral, o que lle confire unha riqueza paisaxística de inagualable valor. Descobre as oportunidades que che ofrece este territorio practicamente descoñecido e inexplorado da Mariña Lucense, onde se anúan natureza, cultura e gastronomía, dando lugar a unha idiosincrasia única.
Déixache seducir polas súas vilas históricas, monumentos patrimoniais, praias paradisiacas, espazos de inigualable valor ambiental, festas que exalta a súa cultura popular e unha excepcional oferta de restauración e aloxamento onde gozarás da hospitalidade das súas xentes.
Vive unha experiencia única e déixache sorprender.