Cal é o camiño que seguen as mellores fabas, mazás e tomates antes de chegar á mesa? Aprende como se colleita a nosa horta e como unha produción sostible leva os nosos produtos a cociñas profesionais de toda España.

Época recomendada: outono
Tempo: 2 días
Levámoste por:

  • O Valadouro
  • Alfoz
  • Mondoñedo
  • Lourenzá
  • Ribadeo

Sabías que?…

As explotacións agrarias das Terras de Miranda apostan, cada vez en maior medida, por unha producción sostible que lle dea valor engadido ás súas froitas e verduras. Aparte da certificación ecolóxica, optan por servizo en fresco a diario. Estos si son alimentos km0!

Paradas

O Valadouro

Durante esta parada poderás visitar varias explotacións profesionais para coñecer de primeira man como se cultivan e colleitan mazás de sidra ou de mesa ecolóxicas ou incluso, os famosos tomates da horta de Terras de Miranda. Alimentos km 0 que demandan restaurantes de toda España e se venden en tendas especializadas.

No mes de marzo, na capital municipal, Ferreira, celébrase o Mercado Tradicional de Primavera, recuperado hai uns anos. Ademais das típicas vendas e degustación de produtos tradicionais, hai unha xornada gastronómica, charlas sobre a produción agraria local, mostra de artesanía e, como non, música.

Alfoz

En Alfoz, a experiencia agraria que che ofrecemos é similar á da anterior parada no Valadouro, pero centrada nas verduras. Tamén poderás degustar empanadas de mazá e variados pratos con produtos da horta. Se queres facer noite aquí, alóxate nun establecemento con leira e produción propia para consumo dos hóspedes.

En xuño celébrase a Feira do 13 en Carballido. Recuperada despois duns anos, e dedicada á froita que esperta a canda o verán: a cereixa.

Mondoñedo

Ben seguro que os donos das explotacións hortofroitícolas que podes visitar no val mindoniense che contaxian a súa paixón pola terra, polo oficio e pola produción sostible da venda en fresco que complementan coa elaboración de marmeladas e conservas, listas para consumir todo o ano con todas as súas propiedades.

Tamén poderás probar estes alimentos km 0 case acabados de coller nun restaurante local ou aloxarte nun establecemento con horta propia para autoabastecemento.

Apunta na axenda de xullo a Festa da Ensalada e o famoso Mercado das Carmiñas (día 25), durante o que Mondoñedo enche as súas rúas de produtos tradicionais da horta.

Lourenzá

As fértiles terras do val de Lourenzá son a orixe das súas famosas fabas con Indicación Xeográfica Protexida (IXP). Da man da cooperativa local, os produtores contaranche de ti a ti como é o seu traballo diario e, incluso, se queres afondar un pouco máis, os beneficios que lles achega a economía social. Anímate a vir na época da colleita (setembro) e queda xa para a Festa da Faba a primeira fin de semana de outubro, declarada de Interese Turístico Galego, e durante a que poderás degustar esta rica leguminosa nos postos instalados de arredor da praza do Conde Santo ou nos restaurantes locais.

O Centro de Interpretación da Faba está aberto todo o ano e ao lado tes o mosteiro de San Salvador (monumento histórico-artístico desde 1974). Fíxate na fachada da igrexa porque foi un ensaio do mestre Casas Novoa antes de facer a do Obradoiro (Catedral de Santiago). Outros imprescindibles do patrimonio laurentino son a fortaleza de Tovar e a área recreativa do muíño do Pereiro, con muíño visitable.

Se en lugar de moverte pola túa conta prefires unha visita organizada, opta por contactar cos promotores da Ruta da Faba, que combina historia, cultura agrícola e gastronomía.

Ribadeo

Na vila indiana da Mariña lucense organízase en setembro a Festa da Horta. Seguro que o bo tempo de finais do verán te anima a pasear pola zona histórica, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 2014, ou incluso, achegarte á famosa praia das Catedrais, monumento natural. Son uns 15 minutos en coche e se fas noite na zona e che gusta camiñar, os 10 km de distancia fanse nunhas 2 horas (só ida).

Completa a túa experiencia nas Terras de Miranda!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies