EXPERIENCIAS PAQUETIZADAS
“Terras de Miranda – Turismo de Lugo” é un espazo cultural, social e económico común integrado polos 14 concellos que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, financiado con fondos europeos.
Este é un territorio máxico situado na comarca da Mariña (Lugo, Galicia), entre o mar Cantábrico e a serra do Xistral. Aquí podes descubrir a beleza da paisaxe e da nosa xente a través de alimentos km 0 únicos e inspiradores dunha gastronomía con personalidade propia.
A continuación preséntanse unha oferta de experiencias paquetizadas, deseñadas todas elas co obxectivo principal de axudar ao desenvolvemento sostible do territorio. Trátase polo tanto dunha oferta encamiñada a un público respectuoso, que persiga aumentar o coñecemento deste territorio mediante o contacto directo coas raíces e a cultura propia de cada un dos municipios.