Rehabilítase a escola unitaria da parroquia de Riobarba, adecuando o edificio para centro social que servirá de acollemento para todos os veciños da parroquia e para os usos que soliciten as asociacións veciñais do Concello de O Vicedo que requiran do seu uso . Tamén se usará como colexio electoral de Riobarba.

Lugar de ubicación: Riobarba (O Vicedo)
Promotor do proxecto: Concello de O Vicedo
Orzamento aceptado: 54.912,88 €
Porcentaxe de axuda: 89,11%
Importe da axuda: 48.932,87€