¿Quenes somos?

Somos unha entidade sen fin de lucro, integrada por un conxunto representativo das institucións e dos axentes económicos da Comarca da Mariña.

A Asociación foi creada no ano 2001 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenrolo da zona.

Xestionou a Iniciativa Comunitaria Leader + do período 2000-2006 e actualmente como entidade colaboradora de AGADER para a xestión do Programa Leader Galicia 2014-2020 na Comarca da Mariña.

A Asociación Terras de Miranda está constituída por un conxunto equilibrado e representativo de axentes locais, públicos e privados, dos diferentes sectores socioeconómicos, que desenrolen a súa actividade de maneira total ou parcial, directa ou indirecta no ámbito de actuación. O ámbito de
actuación abarca os seguintes municipios: Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove.

Non poderán formar parte da Asociación as persoas físicas e as sociedade mercantís, excepto as seguintes entidades de economía social: cooperativas, sociedades agrarias de transformación ou sociedades laborais.

Estructura organizativa

Os órganos directivos e de representación da Asociación Terras de Miranda son:

Tamén se conta cun equipo técnico encargado da aplicación do programa de desenvolvemento deseñado e formado por un xerente e unha administrativa.

GDR

GDR son as siglas do Grupo de Desenvolvemento Rural. A Asociación Terras de Miranda constitúe por si mesma un GDR tendo como función principal xestionar, como entidade colaboradora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) o programa Leader de Galicia 2014-2020
para a Comarca da Mariña. No marco das súas competencias correspóndelle:

  • Promover a dinamización territorial e a mobilización social
  • Promover a valorización do medio rural en xeral, e do seu territorio en particular
  • Asesorar os posibles beneficiarios das axudas do programa sobre a adecuación do seu proxecto ás esixencias daquel, así como sobre a posibilidade de acceder a outro tipo de axudas á marxe das previstas nel e informarlle das obrigas que asumirán no caso de percibir algunha axuda con cargo ao programa
  • Seleccionar proxectos con cargo ó orzamento asignado
    e. Promover e participar en proxectos de cooperación transnacional e interterritorial
  • Integrase na Rede Galega de Grupos de Desenvolvemento Rural