Europa inviste no medio rural
O 20 de outubro de 2019 publícase na prensa La Voz de Galicia o suplemento promocional “Europa inviste no medio rural” sobre O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda.
Neste artigo podes descubrir que é o GDR Terras de Miranda, os tipos de proxectos que poden beneficiarse destas subvencións e os requisitos que deberán cumprir.
O GDR-1 Terras de Miranda xestiona na convocatoria actual 2019-2020 un orzamento total para Estratexia de 621.709,47€. De estos fondos irán destinados a:
- Proxectos produtivos un total de 494.135,98€
- Para proxectos non produtivos de Entidades Públicas 99.473,51€
- Para proxectos non produtivos de Entidades privadas 28.099,92€
Ademais, neste suplemento poderás ver os diferentes proxectos que participan na convocatoria actual.
Se queres ver o suplemento completo podes facer clic no enlace que atoparás no apartado “documentos adxuntos”.
Tamén, se fas clic no enlace do apartado “Enlaces de interese” poderás visualizar todos os proxectos xestionados polo GDR Terras de Miranda de Mondoñedo.