É un plan de marketing baseado nas novas tecnoloxías para a promoción dos diferentes ámbitos do patrimonio do Concello, patrimonio histórico, turístico e cultural. Os obxectivos enmarcaranse en cinco grupos: creación e desenvolvemento dun contido dixital sobre Mondoñedo en cinco idiomas: inglés, francés, español, galego e chino, desenvolvemento dunha estratexia de marketing dixital, con realidade virtual e aumentada para a promoción do Patrimonio Histórico-Cultural de
Mondoñedo, talleres de capacitación, concienciación e cooperación entre persoas para acercar internet e as oportunidades desta tecnoloxía hacia a autopromoción e venta de produtos típicos de Mondoñedo, creación dunha rede estratéxica de contacto coa economía colaborativa para acercar o uso das principais aplicacións e tecnoloxías relacionadas coa economía colaborativa e creación dunha comunidade social no que o nexo de unión serán as novas tecnoloxía e formatos audiovisuais.
Lugar de ubicación: Mondoñedo
Promotor do proxecto: Concello de Mondoñedo
Orzamento aceptado: 54.450€
Porcentaxe de axuda: 89,56%
Importe da axuda: 48.765,42€