Rehabilitación e ampliación do inmoble e adecuación para o uso público, como dinamizador do núcleo de poboación. Trátase dunha antiga escola unitaria que unha vez finalizado o destino educativo emprégase como local social veciñal pola poboación do núcleo rural. Os usos que se dará a este local social son os seguintes: cursos formativos, programas educativos infantís, ximnasia para maiores, festas comunitarias, reunións veciñais, charlas e xornadas informativas sobre o medio rural, universidade rural e actuacións de tipo teatral, entre outras.
Lugar de ubicación: San Xulián de Cabarcos (Barreiros)
Promotor do proxecto: Concello de Barreiros
Orzamento aceptado: 72.126,89 €
Porcentaxe de axuda: 87,78%
Importe da axuda: 50.000€