CONVOCATORIA LEADER 2023-2027
Xa está dispoñible a nova convocatoria do programa LEADER 2023-2027, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta convocatoria abre unha nova etapa de apoio ao desenvolvemento rural, co obxectivo de fomentar proxectos que contribúan á dinamización económica e social do territorio.
Nesta sección poñemos á túa disposición os documentos clave desta nova convocatoria:
- Publicación no DOG
Consulta o texto oficial publicado no Diario Oficial de Galicia. - Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e AGADER
Accede ao documento que regula a colaboración institucional para a execución do programa. - Baremo do GDR
Consulta os criterios de valoración que se aplicarán na selección dos proxectos.